Juan Jeremías Montero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1889 Santiago de Compostela, España |
Morte | 10 de setembro de 1950 (61 anos) Guadalaxara, México |
Alcalde de Pontecesures | |
5 de xuño de 1931 – 30 de xullo de 1936 (destitución) ← Ramón Diéguez Carlés – Jesús Cabeza Sierra → | |
Actividade | |
Ocupación | industrial, político |
Juan José Jeremías Montero, nado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1889 e finado en Guadalaxara (México) o 10 de setembro de 1950, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Jeremías Cabezas e Encarnación Montero Pasantino, sobriña de Eugenio Montero Ríos. Foi elixido presidente da Juventud Republicana de Santiago de Compostela en decembro de 1912.[1] Correlixionario de Emiliano Iglesias, mantivo contactos con el durante a súa visita a Galicia en setembro de 1921.[2] Dono dunha fábrica de chocolate en Pontecesures. Na República foi alcalde de Pontecesures do 5 de xuño de 1931 ao 30 de xullo de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á zona leal e foi auxiliar da administración de xustiza no xulgado de Belchite e en maio de 1938 foi destinado ao Xulgado especial Xeral de Evasión de Capitais en Barcelona.[4] Coa derrota da República pasou a Francia e exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 27 de xullo de 1939 a bordo do vapor Mexique.[5]
Predecesor: Ramón Diéguez Carlés |
Alcalde de Pontecesures 1931 - 1936 |
Sucesor: Jesús Cabeza Sierra |
Obras
[editar | editar a fonte]- El filo de la traición, 1943.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1915 con Concepción Carlés Romero, fila de José Carlés Romero, alcalde de Valga.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Correspondencia Gallega, 17-12-1912, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 3-9-1921, p. 1.
- ↑ La Noche, 6-9-1958, p. 6.
- ↑ Gaceta de la República, 14-5-1938, p. 867.
- ↑ "Relación de los compatriotas llegados a Veracruz el 27 de julio de 1939 a bordo del Vapor Mexique." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xuño de 2018. Consultado o 09 de xuño de 2019.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 4-5-1915, p. 2.